LENDA DA FADA E O DRAGÓN
Contan que as noites de Lúa Crecente, de ceos despexados e cun cobertor de estrelas se vas ó pé da Fada e o Dragón e recitas ou cantas algunha das cantigas de amigo dos poetas e trobeiros da ria de Vigo escoitaras a Fada tocar o aulós.
E entre o
seu suave son, a voz do amigo que algún día cruzou a ría ou deixou a cidade de
Vigo din que a podes escoitar.
Ondas do
mar de Vigo
¿Se vistes
meu amigo?
As ondas do
mar deixaran que vexas o teu amigo cando a delgada lúa espalle a luz cincenta que
permite ver o lado escuro da lúa.
Entón se
deixas que os teus pés se deslicen ó ritmo da música da fada e bailas, o dragón
baixa do pedestal, ela collete da man súbete ó lombo do dragón e levante de
viaxe nun voo no espazo e o tempo onde teu amigo estea.
Mª Caeiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario