O meu cerebro
non daba
recollía incansábel
o teu lento respirar
a túa voz
o son da guitarra
os versos de tantos poetas
as túas palabras
os meus ollos
disparaban en continuo
para recoller
os teus sorrisos
o teu ollar
a neve branca
dos teus cabelos
a beleza dos anos na túa pel
o movemento das túas mans
a ledicia de cantar
"Era unha vez
un pirata honrado
e unha bruxa fermosa
ben despeiteados".
Mª Caeiro