A Lisboa
Un día de agosto
co ceo cincento e de choiva
saía o tren de Guixar
cara a Oporto
pola mañá
a hora do desaiuno
co tren aínda a roncar
todo gris e verde
sentada a contracorrente
na dirección de Santa Apolónia
no posto da xanela
vendo o mar e o millo verde
Eu vou cara ó sur
as nubes veñen
O tempo pasou
agora as xanelas van pechadas
e os comboios xa non paran
diante das vellas estacións
as paisaxes van pasando
sen caseque podelas mirar
doenme os ollos
de velo pasar todo
a tanta velocidade.
por tantas xentes
doutros paises
suben e baixan
van e veñen carromatos
polas rúas
xa non se pode tomar
tranquilo un café
o centro da cidade
está cheo de tendas de roupa
de malas,de zapatos
onde os turistas entran e saen
Lisboa convertiuse nun circo
coma Venezia,Paris e Roma
todo é un andar extranxeiro
Soio en Santo Antonio
e nas rúas que non son principais
atopeime lisboetas
Fun a Santo Antonio
saín coa verdade por diante
"ser libres sen mentiras e hipocresias"
fun a Praceres e o Xardin da Estrela
Baixei pola rúa do Alecrin
buscando o Tejo
e aquela luz
cubriume de sosego,
tomei no Martinho da Arcada
unha empanada de xamón
e un fino,
os meus pasos levaronme
a casa do Alentejo
entre ovos,esparagos e viño
saín nun soño
do século pasado
pasei pola Brasileira
tomei o postre(natas) con cervexas,
bailei o son do violoncello
con Pachelbel
e o caneco do músico
enchiase de moedas
Non sei que ten a noite en Lisboa.
A lúa que ten Lisboa
Brilla tanto coma o sol.
Lein o teu poema
a tua beira
sen ti estar
deixei un ramo de xirasois
sen ti estar
máis sin estar
segues estando
mº caeiro
Todos os logares sao o mesmo logar,
todas as terras sao a mesma,
E é eterna e de todos os logares a frescura
que sobe por tudo.
Fernando Passoa