xoves, 22 de abril de 2021

FRORES DIMINUTAS

 FRORES DIMINUTAS

                                                                  


AS FRORES DIMINUTAS

ADORNAN OS CABELOS DAS FADAS

BORDAN OS SEUS VESTIDOS

E AS LEVAN NOS PÉS

NAS SANDALIAS.

                            Mª CAEIRO











Somos tan pouca cousa

Que ninguén  nos pode ver

Con nós non fan ramos

E en ningún floreiro

Pódennos poñer

Somos tan pouca cousa

Que ninguén nos pode ver

Facemos un tapiz fermoso

Na alfombra verde da terra

Que pisamos cos nosos delicados pés

Somos tan pouca cousa

Que so algúns ollos

Nos poden ver

Sen o noso nome saber.

 

                                      Mª Caeiro

                                                            




































3 comentarios:

  1. Sabes ler a alma da natureza co teu ollar, regalar cores e aromas que ninguén ule, plasmar nun espazo baleiro flores humildes, silvestres pero marabillosas, que non se mercan con diñeiro, pero valen un tesouro. Aparecen aí, como por arte de maxia, onde ninguén as ve para que Xexe as descubra e lles faga un retrato.

    ResponderEliminar
  2. Neste meu andar por esta vida, Noniñas, un pouco miro a terra e outro pouco miro ó ceo. Bicos e gracias.

    ResponderEliminar
  3. Da miña amiga Aurora: Fermosisimas fotografías, que me trasladan o meu pobo e a miña infancia...terra maravillosa que comparto coa artista...
    Grazas por elo Sese(M Caeiro).

    ResponderEliminar