martes, 16 de febreiro de 2016

LIMÓN E MANGO,BAILA UN MAMBO

 Limóns no ar
azar no vento
ves de lonxe
ves da India
ves da China.
Os gregos e os romanos
non sabían da tua cor
non sabían do teu sabor.
Por conquistas chegaste a nós,
plantaches os teus pés no mediterráneo,
pero aiqui no noroeste
entre chuvia e nubes
tamén creces.
Limoeiro dasme luz,calor e sosego,
levo o teu aroma
dende abril ó inverno.

 O mango
foi nado naIndia e Birmania
viaxou as américas no século XIX
carnoso,fibroso e saudable.
Mango,manga
nuns paises masculinos
noutros feminino (Venezuela,Caracas,Portugal).
Eres coma un porco
de ti aproveitase todo
frutos,follas,raices,corteza,tronco.
Vives na cultura popular
i eres o rei nalgunhas festas
"Coller os mangos baixiños"
(Aproveitar as ocasións sinxelas)
"Baixar mangos onde non regañan"
(Superar unha situación sen dificultade)
 "Ser un mango"
(Ser fermos@ e atractiv@)
"Estar feito un mango"
"Ser un mangazo"
(Estar cachas e forte)
 Limón e mango
manga e limón
e bailas un manbo con moita acción.


mª caeiro
Mamboooooooooooo
 https://www.youtube.com/watch?v=RhxJRI5d8wY&list=RDfjsr-ZmsdtY&index=9

Mi limón de limonero
https://www.youtube.com/watch?v=DMWt5EZ1ODs