CADA MES
PODEMOS VER
UN BICO NO CEO
CADA LÚA CHEA
UN BICO NO CEO.
MARÍA CAEIRO
MENTRES OS PODEROSOS CONQUISTADORES NON O BORREN.
MERDAAAAAAAAAAAAAAAAAA
PRA VERTE SAÍR
ENTRE AS MONTAÑAS
E O PIRULÍ.
ENTRE LIÑAS PARALELAS
FACENDO EQUILIBRIOS
PRA TE DEFENDER
DAQUELES QUE TE PISAN
DAQUELES QUE CONQUISTARON
TODA A TERRA
E AGORA
MALO RAIO OS PARTA
CENTELLA OS COMA
MALA CHISPA OS ESCALACE
QUEREN CONQUISTARTE
A TI TAMÉN.
MARÍA CAEIRO
QUE UN HALO DE LUZ DEFENDA A LÚA
QUE NON NOS BORREN O BICO DO CEO
QUE NON VOLVAN POÑER NIN CACHARROS NIN PÉS.
Ademáis das vervas as fotos son Unha pasada😘😘😘
ResponderEliminarMoí fermosas fotografías i texto
ResponderEliminarGraciñas polos comentarios
ResponderEliminarSon amateur do escribir coa luz
Non son poeta
Son facedora de migas
De versos.
Bicos de pan e luz.
É un verdadeiro espectáculo en si mesmo.
ResponderEliminarMágoa que agora tamén queiran estragala e conquitala coma se fose un queixo a repartir. Esperta sentimento humano e deixa que siga alumeando os soños dos cativos e de todos nós.