venres, 30 de outubro de 2020

OUTONO-1

 OUTONO

O ourizo puídome falar
e deixarme as castañas
pra facer o magosto na casa
os reis do mundo
non lle taparán a boca.

              Mª Caeiro




























2 comentarios:

  1. A ave do paraíso parece querer falar. Mira ao ceo prudente e espera que a Lúa a escoite. Precisa testemuñas que acrediten a súa verdade : "a beleza do pracer de contemplar perdeu valor".
    A ave do paraíso fala coa voz pequena dos humildes, pero sabe que a Lua é unha luz amiga, mentres a noite, comprensiva, cala e respecta a súa conversa.

    ResponderEliminar
  2. Gracias amiga Nones por darlle as imaxes máis de mil palabras e acompañarme nesta viaxe sempre sen perder a imaxinación e vendo o mundo cun Bo sentir. A María Xexe

    ResponderEliminar