venres, 3 de setembro de 2010

A estación da Luz.

A estación da luz e o calor pasou  lixeira coma unha nube,entre camiños e sudores,mal durmir,festas,verbenas,bodas e labores.Durmin de tantas maneiras...en saco, na pedra,en cama estreita,en tenda,en sofá,no meu leito debin durmir duas noites,tantas coma as que fun ve-lo mar.
Nesta estación os meus pés andiveron o que nunca pensaran andar,bailaron o que non pensaran bailar e as miñas mans traballaron de xeito artesanal,os meus ollos absorveron tanto verde,tanto azul,tantos paxaros voar e polas miñas orellas tantos son da nosa realidade.



María Caeiro










Ningún comentario:

Publicar un comentario