Quen carallo prende lume.....
<>
</>
|
xexe |
Quen carallo prende lume en Galicia e Portugal....non se sabe como,pero empeza arder polas catro esquina,en varios sitios a vez,que si mechas,que si cobichas,que si un tolo incendiario,son tantos anos pasando medo,sen poder durmir.Recordo con 15 anos sair cos meus pais,veciños e familia ó son das campanas da igrexia a apaga-lo lume con ramallos e cubos de auga,tanto pola noite coma polo día,ó longo de tantos anos,uns 30,foronse comentando variadas causas deste inferno,o tren,a venta da madeira,os nacionalista que querían recuperar os carballos e castiñeiros,os da construcción,os mesmos bombeiros,....eu que sei cantas cousas máis e nestes ultimos días moitos pensamos xa que isto é unha mafia,que isto non é normal,está un tan tranquilo e o vento trae ese olor a arbores e xestas queimados e as muxenas empezan a caer por riba de nós,os helicopteros a reboar,o fume a subir polas montañas,o sol de súpeto convertese nun inmensa lúa de prata e todo ó redor é gris.Que chova por Deus ,que chova.Choran os paxaros,choran as estrelas e as arbores desmelenanse e co vento se lamentan.Quen carallo prende lume,quen quere ve-lo todo negro en vez de verde.Volverei chamar cas palmas as fadas e os trasnos para que lle mordan as mans os que buscan acabar cas vidas dos demáis.
|
xexe |
Yo creo que hay tantos intereses creados a cuenta de quemar nuestra riqueza forestal ,que empezaria a nombrar a las industrias del papel, que le sale mas barato el arbol quemado.
ResponderEliminar