A PÉ DE AREA
SENTINDO AS CÓXEGAS
DAS CUNCHAS E AS PEDRAS
MOIDAS POLAS ONDAS
A PÉ DE AREA
SENTINDO O AGARIMO
SUAVE E SINXELO
DO QUE MOE O MAR
NO MÁIS BAIXO DO MEU SER
NA PLANTA DOS MEUS PÉS
A PÉ DE AREA
RECOLLENDO E LIMPANDO
O QUE O HOME DEIXA NAS PRAIAS
E TIRA Ó MAR
IMAXINO OS AREAIS DO FUTURO
DE CACHIÑOS DE PLÁSTICO
DE LATAS E CRISTAIS
A RAÑAR E FERIR O MEU ANDAR.
MARÍA CAEIRO
E una pasada o texto e as fotos. ARTISTA
ResponderEliminarXexe recolle palabras, recolle basura da areia. Recolle para que o mar e a praia sexan mais saudables. Recolle palabras para que a nosa alma sexa mais saudable. Moitas gracias Xexe por darnos tanto coidado.
ResponderEliminarMoitas gracias Alba, sempre me deixas comentarios fermosos que fortalecen a miña ialma e me dan agarimos, ánimos e forza. A min no me custa nada agacharme cando ando de paseo polos areais, fago exercicio e o mesmo tempo algo de merda lle quito ó mar. Bicos da madriña Xexe.
ResponderEliminar