luns, 18 de outubro de 2021

HOME DE FERRO CON BOINA DE LABREGO

 

    HOME DE FERRO CON BOINA DE LABREGO                                                                             

Cando pasaba pola praza da Industria

     

O corazón acelerábase




 

  


   Ó sentir os golpes do martelo sobre ó ferro

  E ver os barcos novos botarse ó mar 

 



Escoitaba os pasos dos traballadores en folga

Escoitaba as súas voces 



 


Pedindo melloras e traballo








 




Vía na noite as luces dos navíos

Que esperaban unha nova viaxe

Por un novo mundo



 



Cando pasaba pola praza da Industria

Aquel home forte

Coa boina dos labregos



 





Aquel home de metal

Freaba os meus pés.

 





Cando pasaba pola praza da Industria

Escoitaba os pasos dos traballadores en folga

Escoitaba as súas voces

Pedindo melloras e traballo



 

Cando pasaba pola praza da Industria

Aquel home forte

Coa boina dos labregos

Aquel home de metal

Freaba os meus pés.

 MARÍA CAEIRO




 

A GUILERMO STEINBRÜGGEN LAGO
O ESCULTOR CON BOINA DE LABREGO

3 comentarios:

  1. Unha pasada!!!! Encántame o home de metal!!!!

    ResponderEliminar
  2. Os amores secretos do home de ferro e a escultura da amadora da forografía téñoos agochados nun relato que Xexe fixo posible cando me confesou a correspondencía epistolar entre o escultor e a fotógrafa.
    Só Cristi, coa variña máxica da súa mirada, nos abre os ollos como Aute,cando "pasaba por ahí"...

    ResponderEliminar
  3. Fermosas verdad!!!impresionantes fotos!!!Parabens

    ResponderEliminar