HOME DE FERRO CON BOINA DE LABREGO
Cando pasaba pola
praza da Industria
O corazón
acelerábase


Ó sentir os golpes
do martelo sobre ó ferro
E ver os barcos
novos botarse ó mar
Escoitaba os pasos
dos traballadores en folga
Escoitaba as súas
voces
Pedindo melloras e
traballo
Vía na noite as luces dos navíosQue esperaban unha
nova viaxe
Por un novo mundo
Cando pasaba pola
praza da Industria
Aquel home forte
Coa boina dos
labregos
Aquel home de metal
Freaba os meus pés.
Cando pasaba pola
praza da Industria
Escoitaba os pasos
dos traballadores en folga
Escoitaba as súas
voces
Pedindo melloras e
traballo
Cando pasaba pola
praza da Industria
Aquel home forte
Coa boina dos
labregos
Aquel home de metal
Freaba os meus pés.
MARÍA CAEIRO
A GUILERMO STEINBRÜGGEN LAGO
O ESCULTOR CON BOINA DE LABREGO