mércores, 19 de outubro de 2016
DE COSERES IMAXINARIOS DETRÁS DO MARCO
GAMUSINOS E CHIRLES COSERES IMAXINARIOS DE FINU CANDACOL E CHIRLIÑA
Os gamusinos ou biosbardos
son animais imaxinarios
dun delicioso sabor
cando se guisan
nunha boa tarteira
con viño da aldea.
Pero poucos son os que chegan a probalos
pois non é sinxelo cazalos.
Tes que buscar un saco,unha lata e un pau e achegarte unha noite escura ó monte,entre carballos e piñeiros,a un lugar onde soio se vexan as estrelas entre as follas das árbores.
É entón cando debes por o saco no chan coa boca aberta cara ó norte,coller o pau e a lata e cantar:
"Un,dous,tres,catro gamusinos ó saco"
Así ata que sintas que algo entra no saco.
Ata agora soio sei de duas persoas Adan e Finu que coa sua imaxinación
os cazaron por iso os podedes ir ver a "Detrás do Marco"
Mª Caeiro
Sardiñas asadas
con pan de millo
Sardiñas do mar de Vigo
de bo sabor e cheas de cor
Sardiñas de San Xoan
que das paredes podes colgar
para soñar
sardiñas e paxaros
recen saidos do mar
especies mariñas de Chirliña
que andan sempre pensando
nas ondas que veñen e van
e nunca se sabe que tesouros traerán
Detrás do Marco
as podes ir pescar.
Mª Caeiro
"Soio creo na miña imaxinación" Luis Eduardo Aute
https://www.youtube.com/watch?v=5sLsWHHsyCk
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario