mércores, 30 de decembro de 2015
PARABENS 2016
Digoche este adeus
chorando dende a beira do mar
xa te vas meu queridiño
e deixas atrás
mares que son tumbas
dos que fuxen das guerras
e das inxustizas sociais,
kilómetros de terras queimadas
e asolagadas,
montañas sen neve,
ríos sen corrente,
tremores de terra,
ventos borrascosos,
unha Terra sen capa
que non sabe coma se vestir,
unha Terra que cambia as estacións,
unha Terra en desconcerto
desolada
sen saber que facer.
Contan que lle roubaron a capa
os que teñen o poder
que a eles non lles preocupa
se pode desaparecer,
fuxirán coma cobardes
nunha nave espacial especial
a vivir a outro planeta
ata acabar tamén con él.
Adeus,adeus
adeus che digo
meu amigo
dende a beiriña
do mar de Vigo.
mª caeiro
Saúde,alegría,bon humor
e valor pra defender a Terra.
martes, 29 de decembro de 2015
O Beethoven das letras Manuel Rivas
Acariñabame un vento de primaveira
que sopraba do sur
o inverno estaba chamando ás portas
e non lle abría niguén
nas árbores crcían as follas
as roseiras tiñan flor
uns homes falaban
prometendo un mundo mellor
con mentiras
o Beethoven das letras firmaba libros
e o fillo do libreiro
contaba fermosas historias
de entre andeis.
mª caeiro
O Beethoven da pruma
descubriu o meu interior
sen me coñecer
como había anos
o meu principiño
(Alberto meu alumno)
lle puxera o meu nome
a un peixe nun debuxo
soio con me ver
sen saber nada de min.
mª caeiro
que sopraba do sur
o inverno estaba chamando ás portas
e non lle abría niguén
nas árbores crcían as follas
as roseiras tiñan flor
uns homes falaban
prometendo un mundo mellor
con mentiras
o Beethoven das letras firmaba libros
e o fillo do libreiro
contaba fermosas historias
de entre andeis.
mª caeiro
O Beethoven da pruma
descubriu o meu interior
sen me coñecer
como había anos
o meu principiño
(Alberto meu alumno)
lle puxera o meu nome
a un peixe nun debuxo
soio con me ver
sen saber nada de min.
mª caeiro
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)