"MIENTRAS EXISTA EL MAR Y LAS PERSONAS SENSIBLES MERECERÁ LA PENA VIVIR"CARLOS OROZA
Ti non estabas
pero eu fun ver o mar
senteime nunha rocha
escriben versos escollidos
dos teus poemas
e fixen barcos de vela
Botei aqueles sete veleiros de papel
a navegar no mar
no mar que ten ritmo e non rima
no mar que un respira
escoita e mira
no mar que xoga coa luz
e por un momento
aqueles sete barcos navegaron
arrastrados polas ondas
non sabían a que porto ían chegar...
Mª Caeiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario