domingo, 29 de novembro de 2015

Veleiros perdidos

Pasados catro días
do teu pasamento
 volvin ó mar
 e alí na area
atopei un dos sete veleiros
desfeito,partido en dous. 
                 mª caeiro




 






domingo, 22 de novembro de 2015

NAVEGAN BARCOS CON POEMAS POLO MAR,A CARLOS OROZA

"MIENTRAS EXISTA EL MAR Y LAS PERSONAS SENSIBLES MERECERÁ LA PENA VIVIR"CARLOS OROZA

Ti non estabas
pero eu fun ver o mar
senteime nunha rocha
escriben versos escollidos
dos teus poemas 
e fixen barcos de vela
Botei aqueles sete veleiros de papel
a navegar no mar
no mar que ten ritmo e non rima
no mar que un respira
escoita e mira
no mar que xoga coa luz
e por un momento
aqueles sete barcos navegaron 
arrastrados polas ondas
non sabían a que porto ían chegar...
                                       Mª Caeiro