domingo, 3 de maio de 2015

MAIO TOLO

Maio tolo
maio tolo
moito me fas tolear                        

alegras a miña ialma
e o meu andar
Maio tolo
maio tolo
de soños con frores
e con amores
que fan que me perda
entre xestas e toxos
brezos e carquexas
polo medio do monte
Maio tolo
maio tolo
maio frorido e fermoso
calas,dentes de león,
azar nas laranxeiras
rosas,pampullos
sombras e estrelas
chuvia e sol

Maio tolo
maio tolo
moito me fas tolear
aliviasme as mágoas
quitasme as ganas de chorar.

mª caeiro

























Ningún comentario:

Publicar un comentario