martes, 17 de agosto de 2010

Quen carallo prende lume.....

<> </>

xexe
Quen carallo prende lume en Galicia e Portugal....non se sabe como,pero empeza arder polas catro esquina,en varios sitios a vez,que si mechas,que si cobichas,que si un tolo incendiario,son tantos anos pasando medo,sen poder durmir.Recordo con 15 anos sair cos meus pais,veciños e familia ó son das campanas da igrexia a apaga-lo lume con ramallos e cubos de auga,tanto pola noite coma polo día,ó longo de tantos anos,uns 30,foronse comentando variadas causas deste inferno,o tren,a venta da madeira,os nacionalista que querían recuperar os carballos e castiñeiros,os da construcción,os mesmos bombeiros,....eu que sei cantas cousas máis e nestes ultimos días moitos pensamos xa que isto é unha mafia,que isto non é normal,está un tan tranquilo e o vento trae ese olor a arbores e xestas queimados e as muxenas empezan a caer por riba de nós,os helicopteros a reboar,o fume a subir polas montañas,o sol de súpeto convertese nun inmensa lúa de prata e todo ó redor é gris.Que chova por Deus ,que chova.Choran os paxaros,choran as estrelas e as arbores desmelenanse e co vento se lamentan.Quen carallo prende lume,quen quere ve-lo todo negro en vez de verde.Volverei chamar cas palmas as fadas e os trasnos para que lle mordan as mans os que buscan acabar cas vidas dos demáis.
xexe

xoves, 12 de agosto de 2010

A variedade dun nome

 O meu nome é modificable,ven da raia con Portugal xa que nacín a beira do rio Miño,mirando ó sur,mirando o país veciño dende pola mañá,nel José convirtese en Sé,por iso dende ben pequena todos empezaronme a chamar Sesé(Mª José)e co tempo o meu nome foi sufrindo variacións:
    
         SESE       XEXE
      SESÉ        XEXÉ
      SEXE        XESE
      SEXÉ        XESÉ

mércores, 4 de agosto de 2010

O país dos paxaros e as estrelas

 O PAÍS DOS PAXAROS E AS ESTRELAS CHAMASE SIRIGANGA, POLA ESTRELA SIRIO E AS AVES PEQUENAS QUE NOS RODEAN.

EU CREEI ESE MUNDO SEN SABER QUE SIRIGANGA EXISTÍA, DESCUBRINNO PASADOS UNS ANOS.

SIRIGANGA É O MEU MUNDO

SEGUIREI CONTANDO