É certo hoxe é 24 de Febreiro
Cómo sería aquel día Rosalía
no que por primeira vez
asomabas a cabeza
a este mundo?
Sería un día tal coma o de hoxe
cincento,algo frío e de chuvia?
Sería un deses días de sol de inverno?
Non o sei,pero estou
segura
dunha cousa,
estou segura de que
ó abrir eses teus ollos
xa sentías
later os teus versos
no teu corazón.
mª caeiro
Graciñas Rosalía por ensinarme a ser unha persoa sensible
mércores, 24 de febreiro de 2016
A ROSALIA DE CASTRO
martes, 16 de febreiro de 2016
LIMÓN E MANGO,BAILA UN MAMBO
azar no vento
ves de lonxe
ves da India
ves da China.
Os gregos e os romanos
non sabían da tua cor
non sabían do teu sabor.
Por conquistas chegaste a nós,
plantaches os teus pés no mediterráneo,
pero aiqui no noroeste
entre chuvia e nubes
tamén creces.
Limoeiro dasme luz,calor e sosego,
levo o teu aroma
dende abril ó inverno.
O mango
foi nado naIndia e Birmania
viaxou as américas no século XIX
carnoso,fibroso e saudable.
Mango,manga
nuns paises masculinos
noutros feminino (Venezuela,Caracas,Portugal).
Eres coma un porco
de ti aproveitase todo
frutos,follas,raices,corteza,tronco.
Vives na cultura popular
i eres o rei nalgunhas festas
"Coller os mangos baixiños"
(Aproveitar as ocasións sinxelas)
"Baixar mangos onde non regañan"
(Superar unha situación sen dificultade)
"Ser un mango"
(Ser fermos@ e atractiv@)
"Estar feito un mango"
"Ser un mangazo"
(Estar cachas e forte)
Limón e mango
manga e limón
e bailas un manbo con moita acción.
mª caeiro
Mamboooooooooooo
https://www.youtube.com/watch?v=RhxJRI5d8wY&list=RDfjsr-ZmsdtY&index=9
Mi limón de limonero
https://www.youtube.com/watch?v=DMWt5EZ1ODs
luns, 1 de febreiro de 2016
AS CALAS DE XANEIRO
AS CALAS DE XANEIRO
Zantedeschia aethiopica,coñecida como alcatraz, cala, cala de Etiopía, aro de Etiopía, lirio de agua, cartucho, flor de pato o flor del jarro,é unha planta herbácea vivaz, de orixen sudafricano que soporta ben as xiadas.
O "lirio de auga" foi utilizado como símbolo político polos nacionalistas republicanos de Irlanda del Norte .
Dama branca vestida de verde
Doeme saber
que sendo tan branca
e fermosa
teñas tanto veleno
no teu interior.
Creces coa forza da auga
duras parte do inverno
e toda a primaveira,
adornas as mesas
en todas resalta a tua beleza,
todos admirante,
pero dentro de ti
escondes tristeza.
Recoñecente por moitos nomes
eres a flor da independencia irlandesa
pareceme mentira
que podas provocar tanta dor...
mª caeiro
Zantedeschia aethiopica,coñecida como alcatraz, cala, cala de Etiopía, aro de Etiopía, lirio de agua, cartucho, flor de pato o flor del jarro,é unha planta herbácea vivaz, de orixen sudafricano que soporta ben as xiadas.
O "lirio de auga" foi utilizado como símbolo político polos nacionalistas republicanos de Irlanda del Norte .
Dama branca vestida de verde
Doeme saber
que sendo tan branca
e fermosa
teñas tanto veleno
no teu interior.
Creces coa forza da auga
duras parte do inverno
e toda a primaveira,
adornas as mesas
en todas resalta a tua beleza,
todos admirante,
pero dentro de ti
escondes tristeza.
Recoñecente por moitos nomes
eres a flor da independencia irlandesa
pareceme mentira
que podas provocar tanta dor...
mª caeiro
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)