sábado, 30 de maio de 2015

FUN ROUBAR LIMÓNS

Fun roubar limóns
unha noite chea de estrelas
os limóns estaban verdes
o limoeiro de frores cheo.

        mª Caeiro














sábado, 23 de maio de 2015

A CIDADE QUE ÍA PERDENDO A MEMORIA VIGOPOLIS


























SOÑO...





Durmo coa primaveira (Botticelli)
con esta palabra Lisboa
cun sol entre nubes do serán
(Guillermo Steinbrüggen)
e un paxaro de cores
enriba da miña cabeza
por iso sempre soño
cun bosque de laranxeiras
e un pais de paxaros e estrelas.

      mª caeiro

martes, 12 de maio de 2015

PAPELERIA A COMERCIAL

PAPELERIA A COMERCIAL
outro lugar da nosa historia que desaparece
na rua do principe xa soio queda a xoieria
todo o leva o tempo
e o poder
a Comercial iamos a buscar lapices,prumas
soldadiños de promo
postais antigas de vigo                                    
bolas do mundo
mariquitas e recortables
xoguetes pra os pequenos
tambores e pandeiretas
figuriñas pra o Belén
caligrafías e papeis.
A Comercial era o lugar no que sempre nos parabamos ó pasear
pola rua do Principe,onde nos imos parar agora,xa non nos queda nada.
2015 Decembro