sábado, 4 de outubro de 2014

OUTONO de luz e calor
de sandalias e bañador
OUTONO de soño de verán
de en mangas de camisa
me verás.
               mª caeiro














xoves, 4 de setembro de 2014

 E viñeron de Bilbao a pintar este mural do cadro "A fiestra" de Urbano Lugrís moi perto de onde él ia tomar uns viños a taberna do Eligio.





 Xa non creo nas bombas,nas explosións nin nas armas.Calquera imbécil pode apretar
un gatillo,encender unha mecha ou matar a dous artificieros e incluso a un tirano.E logo?Qué cambia?.
Morto un tirano poñen a outro e a miúdo os futuros tiranos son precisamente os que dispararon.
    Non,sementando cadáveres non é como se fai o mundo un pouco mais levadeiro.Iso lograse coas ideas.¡As verdadeiras bombas son as ideas!

                                                                     "Un home" Oriana Fallaci

sábado, 9 de agosto de 2014

O MARMELO


                     O MARMELO VERDE

                     O VERDE MARMELO



xoves, 7 de agosto de 2014

A LÚA DE XULLO

 

        A LÚA DE XULLO

 Entre os piñeiros baila a lúa                                  

Entre os carballos alumea                                          

e semella estar núa.