sábado, 30 de outubro de 2010

Coma unha illa

Hoxe sintome coma unha illa perdida e iñorada nun lago de África,esqucida por todos,abandoada.
Sintome perdida nun país imaxinario que ninguén sabe onde está.
Sintome nada na nada e sin saber nadar,
mota de polvo que voa sen ser vista,
mota que soio se ve cando unha raiola de sol entra pola fietra.

venres, 29 de outubro de 2010

A maxia dos nomes

O meu nome está nunhas illas do Lago Victoria(SESE),Victoria é a miña irmá.
O meu país imaxinario Siriganga,país dos paxaros e as estrelas,está en Corea.
Nunca imaxinei que estes nomes existirán nalgún lugar do planeta,maxia maxia...é tan máxico descubrilo rodeaste dun sentimento tan especial,os meus nomes existen,existen no planeta azul.

luns, 25 de outubro de 2010

Tempo de outono

Estamos no tempo en que as follas deixan a súa casa por primeira vez,desprendense das súas polas e voan por primeira e última vez,algúnhas teñen a sorte de planear e facer un voo longo,outras caen sen que o vento as leve.despois duns segundos todas rondan polo chan,unhas aínda pode bailar,outras poden pasear,algúnhas cantan co seu sinxelo rodar e a outras as pisan os nosos pés.

Sopra o vento do norte,hoxe aiqui non chve.


           María   Caeiro

venres, 22 de outubro de 2010

O naufraxio inhumano

As mulleres e os nenos primeiro,nun naufraxio
na terra as mulleres e os nenos
os primeiros en ser violados
en ser asasinados.
Que contradicción de naufraxio....

domingo, 17 de outubro de 2010

O que me calma

A algúns soio lles calma comer aceitunas,
a min soio me calma andar en bicicleta,
tódolos días teñen algo de verán azul.